Mércores 9 de marzo [2011]
Perante a detención no día de hoxe pola Guardia Civil, dos traballadores T.V. Fernández e J. M. Prado, en Vigo, a CUT quere facer pública a súa posición.
Primeiro: Hoxe, mércores 9 de marzo, foron detidos os compañeiros T.V.Fernández e JM Prado , ámbolos dous militantes deste sindicato e traballadores do Sector Naval de Vigo. Independentemente de que descoñecemos a razón técnica pola cal se procedeu ás detencións, para este sindicato está claro que se trata dunha redada represiva máis contra os traballadores e traballadoras, destinada a coartar a loita sindical coherente nunha conxuntura de fame e desemprego como a actual na persoa de dous compañeiros que se teñen destacado pola súa entrega na defensa dos dereitos dos traballadores.
Segundo: En previsión de calquera intoxicación ou fabulación que poida ser subministrada polos responsables destas detencións e que poidan facerse eco inmoral en calquera medio voceiro do réxime, queremos subliñar que a actividade destes compañeiros circunscríbese á loita sindical do Sector Naval en Vigo. Reiterar que calquera outra especulación está destinada a lexitimar as imputacións policiais para a condena dos traballadores detidos.
Executiva Comarcal da CUT